viernes, 25 de noviembre de 2022

25 N. Árbores no deserto




REFLEXIÓN

Detrás do espello
todas eramos a  mesma muller,
núa,
interregotiva,
reclamándolle respostas
á realidade.
Nínguén vai chamar por nós?
Ninguén- silencio-.
Porque sodes a mesma muller sen rostro, 
sen nome.
E se nos creamos?
Que cada unha
se debuxe da forma que queira.
E foi así como demos luz
os noso lenzos,
soñando pincel, 
imaxinando cores, 
a grande escala.
Foi así como
comezamos a parirnos...
Ata nacer
entre os marcos ceibes
da fantasía feminina.
Así hoxe vexo, 
nos seus ollos,
que o teu retrato
son eu.

Rosalía Fernádnez Rial

Acto de conmemoración no centro hoxe durante o primeiro recreo:
- Lectura de manifesto pola directora do centro.
- Poesía contra o maltrato.
- Actuación musical.


No hay comentarios: