lunes, 26 de noviembre de 2007

Semana contra a violencia de xénero




Hoxe queremos recomendarvos un libro que podeis atopar na biblioteca, moi adecuado co tema que tratamos. Trátase de O diario azul de Carlota. A súa autora, Gemma Lienas, xa escribiu anteriormente outros dous con esta protagonista: O Diario violeta de Carlota, un libro sobre o feminismo e O diario vermello de Carlota, onde a protagonista vive as súas primeiras relacións sentimentais. No diario azul, Carlota enfróntase a un caso de violencia de xénero sufrido na súa contorna máis próxima á vez que reúne información para un traballo escolar. Trátase dun libro moi ameno de ler que che permitirá coñecer moitos aspectos deste tema lamentablemete tan actual. O libro contén ademais unha selección de direccións web onde informarse sobre a violencia de xénero.

No hay comentarios: