lunes, 28 de abril de 2008

O MEU AMIGO INVISIBLE ANÍMAME A LER…..

O mércores, 23 de abril, para celebrarmos o día do libro, invitamos ao alumnado da ESO a que compartiran a súa lectura preferida cun compañeiro do instituto, coma un amigo invisible na sombra que os invite a ler.
A actividade consistía en que o alumnado de cada nivel agasallara –envolto en papel de regalo e, a ser posible cunha dedicatoria expresa- un libro cuxa lectura os impresionara favorablemente e que tivesen na biblioteca da súa casa.
Os titores confeccionaron unha lista con todos os posibles participantes e entregáronllelo aos membros da Comisión da Biblioteca o luns, 14 de abril.
O mércores, día 16 de abril, no primeiro e segundo recreo, tivo lugar o sorteo de papeletas.
Na entrada da biblioteca había unhas caixas –unha por nivel- nas que se ían depositando os diferentes libros, tendo como data tope de entrega, o venres, día 18 de abril.

_ _

O mércores, día 23 de abril, no primeiro e segundo recreo, tivo lugar o reparto de libros con notable afluencia de público.


E o máis importante… tamén cundiu o exemplo entre o profesorado.

No hay comentarios: