lunes, 14 de abril de 2008

XORNADAS DE ACTIVIDADES NO IES PINO MANSO

"CAMBIO DE SESO"

Nos primeiros días do mes de abril tiveron lugar no IES Pino Manso as Xornadas de Actividades; a comisión da biblioteca colaborou nela propoñendo ao alumnado de Segundo e cuarto de ESO un “Cambio de Seso”… Axiña vos explicamos en que consistía:


Comezabamos cun percorrido polo centro en que se ía invitando á lectura de frases que diferentes personalidades históricas formularon no seu momento; as de cor vermella tiñan un marcado carácter machista, fronte ás de azul, de natureza feminista.
Cando chegabamos á Biblioteca, tanto rapazas coma rapaces escollían cal era a súa favorita e cal a que máis negativamente os impactara. A continuación, representábase un texto que os alumnos previamente crearan, no que quedaran marcados os estereotipos masculinos e femininos; mais había unha pequena salvidade: os rapaces tiñan que comportarse e actuar como rapazas e viceversa. Por último, desenvolvíase un debate, onde se pretendía achegar posicións ou polo menos que ambos sexos foran capaces de visualizar os medos, as inquedanzas, as dúbidas do outro.


______ ___

O profesorado que levamos a cabo a actividade valoramos moi positivamente o seu resultado; e aínda que somos conscientes de que pouco puidemos cambiar no par de horas que lle dedicamos por curso, confiamos en que o coñecemento da posición do outro flexibilice algún dos prexuízos cos que nos topamos ao longo das Xornadas.






No hay comentarios: