martes, 13 de abril de 2010

Concurso Lingua de amor

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IV.ª edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego a través da internet.

Lingua de amor ten como obxectivo principal estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.
Establécense dúas modalidades de participación: declaracións e cancións de amor.

Os premios serán os seguintes:

Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede.
Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha consola Nintendo DSI XL
3.º Unha cámara de fotos dixital

Categoría B (de 20 a 35 anos):
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha cámara de vídeo dixital
3.º Unha consola Nintendo DSI XL
Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega.
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Un iPod de 3.ª xeración
3.º Unha consola Nintendo DSI XL
Para participar no concurso só hai que rexistrarse na páxina http://www.linguadeamor.eu/. O prazo permanecerá aberto ata o 28 de maio de 2010 e para as votacións será do 29 de maio ata o 6 de xuño de 2010.

No hay comentarios: