Os alumnos de 1º de bacharelato fixeron, o venres 16 de abril, unha saída para percorrer os espacios nos que se desenvolve a novela de Domingo Villar A praia dos afogados. A actividade estaba organizada pola editorial Galaxia e o Departamento de Lingua e Literatura Galega. Comezamos o roteiro na praia da Madorra, acompañados por unha contacontos que nos facía participar interpretando pasaxes da novela, continuamos polo Templo Votivo do mar e o porto de Panxón. Rematamos en Monteferro coa compaña dun especialista en toponimía e que coñecía moi ben a zona. Alí, logo dunha baixada dificultosa, disfrutamos das impresionantes vistas da Ría de Vigo. A sorte acompañounos, xa que o día, que comezara gris e ameazando chuvía, tornouse nun agradable día de primavera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario