Remata o curso e é o momento de mostrar os resultados. Nestas imaxes veredes o que din as enquisas que pasamos nos grupos durante as derradeiras semanas. Como o curso pasado, os gañadores son os grupos de 1º ESO. Non hai quen poda con eles!
E dado que unha boa parte de vosotros falaches do lido nos caderniños que acompañaban as caixas da Hora de Ler, seredes de novo os protagonistas da Guía de Lectura para o verán. Algunhas das vosas críticas estarán alí ,xunto co boletín de notas o próximo día 24.
No hay comentarios:
Publicar un comentario