Carteis dos grupos de secundaria feitos nas clases de Lingua e Literatura Galega sobre o autor. Algúns alumnos trataron a biografía e outros, fixeron a súa versión do que serían anuncios dos seus espectáculos teatrais.
Nas clases de Música de 4º ESO deron voz a Mackie O Navalla, personaxe de A ópera de a patacón(1994) interpretando a versión da Balada de Mackie que fixo Vidal Bolaño a partir do texto de Bertolt Brecht para a Ópera dos tres centavos de 1928.
Con este drama musical despedíase no ano 2006 a compañía Teatro de Aquí, tras 14 anos na escena
No hay comentarios:
Publicar un comentario