lunes, 24 de junio de 2013

Despedida e peche


O pasado venres rematamos as clases coa I Mostra de audiovisual  creado cos alumnos en diferentes asignaturas en relación co  Proxecto anual de centro sobre O Cine. Unha mostra que reunía material de todo tipo: anuncios sobre o centro realizados para a asignatura de Historia, videoclips e lipdubs en Música, animacións en stopmotion, spots, recreacións de famosas esceas de cine e unha curto en E. Plástica, un documental  sobre unha das saídas do curso en E. Física e algúns dos videos rodados cos alumnos desde a biblioteca para promover a lectura(Día de Rosalía, a curta "Vanessa e o anuncio de televisión", Poesía contra a violencia de xénero) e que todo o alumnado de E. secundaria tivo oportunidade de ver. Decirvos que os grupos de 1ºESO quedaron cansos de tanto aplaudir porque, non me digades que non teñen arte estes rapaces?

No hay comentarios: