viernes, 28 de junio de 2013

"Vanessa e o anuncio de televisión"


Este é un dos vídeos que proxectamos o derradeiro día do curso na mostra audiovisual relacionada co proxecto anual de centro. A curta é unha adaptación dun relato do noso admirado Agustín Fernández Paz que apareceu no seu libro "Contos por palabras".  Participaron no mesmo alumnas de 1º ESO como actrices, o resto do grupo realizou os murais para anunciar a estrea, os grupos de 4º ESO de E. Plástica foron os responsables do storyboard e do stopmotion dos créditos do inicio e o alumnado de 4º de Música interpretou e gravou a cuña do spot dos caramelos Cacachup. O resto dos"actores" forma parte do equipo da biblioteca, profesorado e persoal administrativo do centro.  Moitas grazas a todos polo entusiasmo.

No hay comentarios: