PARTICIPANTES
Alumnos de 1º, 2º 3º e 4º de ESO.
REQUISITOS
Debedes escribir
textos narrativos que teñan o seguinte comezo:
Cando chegou ao Centro de Alto Rendemento onde ía prepararse para as
Olimpiadas de Río de Janeiro…/ Cuando llegó al Centro de Alto Rendimiento donde
iba a prepararse para las Olimpiadas de Río de Janeiro…
Cómpre que vaian
titulados e que non superen as cen palabras, sen incluír a oración inicial do
título. Os relatos poderán ser presentados ben en lingua castelá ou ben en
lingua galega.
VALORACIÓN
Terase en conta
aspectos como a orixinalidade, a expresión e ortografía correctas, a limpeza na
presentación…
Estableceranse dous
grupos merecedores de galardón: por unha banda, o Primeiro Ciclo da ESO e, por
outra, Segundo Ciclo da ESO.
XURADO
O xurado estará
composto polo profesorado de Lingua e Literatura Castelá e Lingua e Literatura
Galega. Entre todos os relatos presentados, o xurado fará unha selección previa
e exporá no taboleiro da entrada do Instituto os textos escollidos así como no
blogue da biblioteca.
O alumnado
seleccionará, cos seus votos, os dous relatos que considere merecedores do
premio.
Posteriormente,
abrirase un novo prazo para que o alumnado que así o desexe participa na
elaboración de “relatos encadeados”. Partindo do final dos relatos premiados,
crearán un novo texto de cen palabras. Seguirase repetindo este proceso ata a
celebración do Día do Libro (23 de
abril).
O alumnado que
queira participar deberá estar atento ás notas que se expoñan no taboleiro da
entrada do instituto e na páxina web do centro.
PREMIO
Vale de compra por
valor de 20 euros nalgunha librería de O Porriño ou libro a elexir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario