O pasado martes día 7 de xuño, como despedida dos clubes de lectura e premio para os axudantes de biblioteca deste curso, estivemos coñecendo a vila de escritores tan ilustres como Celso Emilio Ferreiro o Curros Enríquez. Paula, da Fundación Currós Enríquez, acompañounos ao longo da mañana, facéndonos partícipes desa maxia que ten Celanova. Ao longo do traxecto, os alumnos leron algúns dos poemas que ela nos fixera amablemente chegar. Un día para non esquecer do que vos deixamos unha mostra no seguinte vídeo.
lunes, 13 de junio de 2016
miércoles, 8 de junio de 2016
Apadriñamentos lectores
Un curso mais, grazas ao noso colega da biblioteca do CEIP Fernández López, retomamos esta actividade tan gratificante para o alumnado de ambos os dous centros. Nesta ocasión, os grupos de 4ºESO da profesora de Relixión Eva leron e deixáronse ler polos nenos de sete anos.
Apadriñamentos lectores by Slidely Slideshow
Suscribirse a:
Entradas (Atom)