domingo, 24 de febrero de 2019

Día de Rosalía

Como anunciabamos a semana pasada, este ano queríamos facer algo diferente para conmemorar a data de nacemento de Rosalía e por iso, ideamos unha escape room na que competirían nada menos que todos os grupos da ESO. 

Ao longo de dúas semanas, terían que intentar chegar ao baúl misterioso da imaxe superior onde atoparían a pócema para dar por rematada a negra sombra que pesa durante séculos sobre Rosalía( ou polo menos, ese era o noso argumento para introducir a trama do xogo).
 

Despois dunhas cantas semanas de documentación e preparación para montalo- unha tarea bastante complicada tendo en conta que ningunha de nós fixera nin  participara xamáis nun xogo destes- cremos que o resultado foi moi satisfactorio tanto para eles como para nos. Neste tipo de actividades apreciase moi ben a cohesión dos grupos, o seu pensamento lóxico, o coñecemento da biblioteca e dos libros, o seu grado de imaxinación, o nivel de frustración e, sobre todo, o que  lle gusta á todo o mundo un bo reto.
E quen consiguiu deter o marcador coa mellor marca? Aínda está por ver xa que esta semana xogarán os grupos de 4º e FP.




No hay comentarios: