sábado, 19 de octubre de 2019

Biblioteca escolar. viveiro de cidadanía

Xa tardabamos en presentar o cartaz que todos os anos envía aos centros a Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia. Este ano corre a cargo do ilustrador Óscar Villán.

Aínda que o blogue non foi actualizado con frecuencia, non estivemos paradas na biblioteca. O comezo do curso sempre leva moito traballo de xestión para que todo marche ben unha vez botados á andar: organizar os tempos de atención aos usuarios entre o equipo da biblioteca( que lamentablemente este curso soamente ten asignados os recreos) e o alumnado voluntario, incorporar aos novos rapaces e rapazas no programa Meiga e facer os seus carnets, tentar recuperar todos os libros que quedaron pendentes do empréstito de verán, preparar a primeira exposición temática para o Día das Escritoras e o primer obradoiro do trimestre: broches de fieltro para o samaín. A ver como se lles da a costura...

No hay comentarios: