Facíame chegar Fina este libro de Arantza Portabales Santomé publicado pola editorial Galaxia a principios de curso e como sole gustarme o xénero da novela negra, pois lino. O comezo xa impacta: unha escena do crime, similar á unha representación artística, que remata nun largo berro. A partir de aí, Arantza Portabales comeza presentarnos ás parellas de protagonistas. Digo parellas porque hai diferentes planos: un psicólogo e a súa paciente, no punto de mira da investigación, que conta cunha tentativa de suicidio, o pai e a nai da vítima que semellan ser un matrimonio perfecto, o matrimonio veciño que parece non ter ningunha relación coa rapaza mais que atoparse na casa o día do asasinato e unha parella de policías que tratará de descubrir quen foi capaz de asasinar á unha rapaza de quince anos desa maneira tan peculiar.
Tamén son protagonistas nas páxinas do libro a relación entre dúas irmás xemelgas, o pulso que recorre as relacións de parella, a dificultade de manter o plano profesional ao marxe do persoal nalgunhas ocasións, a arte como catarses, e sobre todo, unha visión novidosa dun xénero clásico que afonda un pouco mais no plano psicolóxico das personaxes.
Sen dúbida, recomendo a súa lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario