jueves, 26 de mayo de 2022

I Japan Week

O día 30 de maio comeza unha serie de actividades centradas no mundo manga organizadas por un grupiño de alumnas de 3°ESO C co apoio da biblioteca. Poderá asistir cualquera persoa da comunidade educativa, previa inscripción durante os recreos. Aquí tedes o programa: 

viernes, 20 de mayo de 2022

I Xuntanza literaria de O Porriño

No mes de marzo recibimos un correo de Marta, coordinadora da biblioteca do CEIP da Ribeira, animándonos a participar nun encontro de todos os centros de O Porriño coa lectura como excusa. Representantes das distintas bibliotecas reunímonos para organizar a nosa aportación ao evento e hoxe, por fin, chegou o día.
Centos de alumnos e alumnas da zona compartindo lecturas nun día que amaneceu-menos mal- soleado. Aos nosos alumnos tocoulles facer de madriñas e padriños lectores cos pequenos do CEIP da Ribeira e nalgunha ocasión, cambiáronse os papéis e foron eles quen tiveron que escoitar atentamente as historias porque, ollo, ata lles caía algunha pregunta.
Foi un día moi especial que rematou co intercambio de marcapáxinas entre rapazada e centros e a actuación do grupo Migallas. 
Por certo, o deseño do marcapáxinas que representaba ao noso centro foi de Laura Almuster, de 1° ESO.
Grazas ao CEIP da Ribeira e ao Concello de O Porriño por facilitar o encontro. Oxalá máis iniciativas como esta nos vindeiros anos ...