miércoles, 27 de marzo de 2024

Clubes de lectura

Pechamos o trimestre coas derradeiras reunións. O xogos deron para seguir falando das diferentes lecturas: a partir da novela Os nenos da variola de María Solar, o grupo de 1° ESO volveuse a reunir para enfrentarse aos retos das caixas con códigos e as súas preguntas.
Namentres, o outro grupiño de 1° ESO acercabase á novela de misterio a partir da personaxe do escritor Edgar Allan Poe que inicia a colección a proposta do departamento de Lingua Castelá.
E da narrativa, á banda deseñada no grupo de 2° ESO. Acercáronse á vida de Ana Frank da mán da novela gráfica de Ari Folman e David Polonsky.

viernes, 22 de marzo de 2024

Semana matemática

Co gallo da conmemoración do Día de Pi, este curso o departamento de Matemáticas preparou materiais para xogar libremente durante os recreos na biblioteca. Entre os xogos atopabanse Tangrams, Cubosomas, xogos de construcción de Poliedros, Torres de Hanoi...dos que o alumnado disfrutou baixo a supervisión de alumnas voluntarias de 2° ESO.
O xoves 14 de marzo proxectaronse tamén as tres curtas relacionadas coas matemáticas: