Cada curso, o EDLG do centro superase na organización e programación de actividades para este conmemorar o nacemento da aurora galega. Este ano, cun dobre programa: o xoves 23, ambientación rosaliana, un pequeno concerto a cargo de alumnado de varios niveis na entrada do centro, recitado de poemas nas aulas e photocall. E o venres, fruto dunha labor intensa nos meses anteriores de deseño e coordinación cos EDLG da contorna e o concello de O Porriño, gran festa na praza do pobo rematada cun Caldo de Gloria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario