martes, 20 de junio de 2023

Reunións finais do club de lectura de 1º de ESO

 

Vaise acabando o curso, e con el tamén as nosas sesións do club de lectura.

En 1º de ESO, o grupo que lera “Os nenos da varíola” leu agora “O neno do pixama de raias”, e viceversa. Ambos fixeron sendos xogos de breakout e conversamos acerca destas obras que gardan certas similitudes: nenos que teñen que afrontar difíciles circunstancias en distintas épocas históricas. A pesar de que os nosos lectores e lectoras recoñeceron que foron obras duras polo seu contido emocional, alegráronse de lelas, porque ao fin e ao cabo foron ben entretidas e porque aprenderon moito acerca de eventos importantes doutras épocas, como son a pandemia da varíola (que tanto nos lembrou á COVID) e a represión nazi.

Ademais, tivemos a sorte de que María Solar, a autora de “Os nenos da varíola”, mandounos un vídeo para saudarnos e falarnos do seu libro. Mil gracias! Fíxonos moita ilusión poder contar coas súas verbas.













No hay comentarios: