No noso club de lectura de 4º de ESO fixemos un xogo sobre “A parte dos anxos” para pechar as sesións sobre este fermoso libro. Os membros do club debían acertar os nomes das personaxes a partir das ilustracións que fixo Carlos Lago (lembrade: o noso Juanca, profe de Plástica) para os relatos de Emma Pedreira. Ningún fixo pleno, pero acercáronse moito, e mirade que algúns nomes eran ben complicados!
Por último, fixemos unha pequena tertulia sobre o noso derradeiro libro deste curso, o cómic “O pacto do letargo”, do recoñedísimo autor galego Miguelanxo Prado. Coincidiron en destacar a beleza dos debuxos, e o interés dunha historia que emprega a fantasía dun modo distinto ao que están acostumados, dándolle unha orientación de denuncia social. Puidemos ver ademais un fragmento dun vídeo dunha charla na que Miguelanxo Prado explica o su proceso creativo, e como texe a historia antes de se pór a debuxar. Segundo comentaron, dúas das nosas lectoras tamén pasaron por ese proceso creativo, pois teñen feito algún pequeno cómic no pasado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario