Que ben nos ven esta historia de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, co proxecto deste curso relacionado coa gastronomía. E é que se non tes paixón pola cociña, este libro fará que comeces sentir a lo menos certa curiosidade polos fogóns, ao igual que Román, o seu protagonista, un rapaz de dez anos que pediu como agasallo de aniversario un curso de cociña. E qué é o que lle chega ese día?. Nada menos que unha cociñeira defunta, da man de quen coñecerá o Inframundo e as curiosas receitas e aventuras que alí se cocen.
Moi recomendable pola orixinalidade da historia e as personaxes pero tamén pola receitas lambonas que incorpora e as marabillosas ilustracións de Victor Ribas.
Imaxe de Brabádegos
Ficha didáctica de Xerais
Falan tamén de Escarlatina en Trafegando Ronseis.