PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS : Participarán en concurso único tódalas persoas que así o desexen, sen diferenciación de idades, e co número de fotografías que estimen oportuno. As fotografías presentadas poderán ser en cor ou branco e negro, de calquera tamaño, pero sempre pegadas sobre unha cartulina negra.
As obras deberán ser orixinais, inéditas e non ter sido premiadas nin recoñecidas ou seleccionadas noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros.
FORMA DE PRESENTACIÓN: As fotografías axuntaranse nun sobre, no dorso de cada fotografía irá o lema do autor e o título da fotografía. E tamén acompañará un sobre pechado co lema do autor escrito por fora e, no seu interior, os seguintes datos: nome completo do autor, enderezo postal, número de teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA : nas oficinas da biblioteca municipal R/ Domingo Bueno nº 9, 36400 O Porriño – Pontevedra, en horario de 9,00 a 21,00 h. de luns a venres ata o prazo máximo do venres 28 de maio ás 21,00 h.
XURADO E FALLO: O xurado estará composto por membros do departamento de Cultura do Concello do Porriño, ou persoas nas que deleguen. O fallo do xurado darase a coñecer nos medios de comunicación, ademais de comunicarse persoalmente ao gañador por teléfono.
PREMIO: un único premio de 600 €. sometido á retención que exprese a lei. No caso de que o gañador sexa menor de idade na data de remate de presentación das fotografías, substituirase o diñeiro por un agasallo (cámara dixital e/ou material fotográfico) dun valor aproximado.
EXPOSICIÓN: Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición nas instalacións da biblioteca.
Máis datos na páxina da BM ou no panel de información do instituto.

de Jung es un cómic autobiográfico que cuenta la historia de un niño coreano adoptado a los cinco años por una familia belga. El autor reflexiona en un tono agridulce sobre su continua búsqueda de las raíces y del ideal materno, la dificultad de integración cuando existe una diferencia racial, sobre cómo ciertos países se encuentran en la disyuntiva de dejar partir a sus niños o condenarlos a una vida miserable, sobre sus desafortunados "encuentros" con otros niños adoptados y otros recuerdos junto a su familia adoptiva. Una historia en blanco y negro de las que remueven conciencias.