FEBREIRO, un mes de celebracións: a Candeloria (cando namoran os paxaros), o entroido, o día mundial da radio e o mes de ROSALÍA. O vindeiro 23 de febreiro, venres, Rosalía volverá a revivir no Pino Manso e no Porriño. Estade atentos ao cartel e non vos perdades este día tan especial e tan importante para recordar a unha muller tan necesaria na nosa cultura e nas nosas vidas. Deixámosvos aquí un resumo das actividades do ano pasado, tanto as que se fixeron no instituto como as que se realizaron na praza do concello coa colaboración da concellería de Educación e Cultura.
Viva Rosalía de Castro!
Raquel vestida de Rosalía e escribindo o poema de Alborada mentres un grupo de alumnos/as cantaban e interpretaban a canción. A imaxe saía nunha pantalla na que se ía visualizando a man dela escribindo. Rosalía imaxinaba mentres escribía que esa Alborada sería cantada algún día.
Decorado que se fixo na entrada do centro, semellando o estudo onde escribía Rosalía. Ao carón da mesa hai un photocall (figura) de Rosalía para que o alumnado sacara unha foto coa súa figura introducindo a cara no oco da cabezaDecorado e alumnado que interpretou a peza cantada así como o recitado de poemas, xunto a Rosalía, sentada no seu escritorio.
Raquel e Hadrían vestidos de Rosalía e o gaiteiro repoludo interpretando na rúa o recitado de poemas misturados.
Laura, Hadrían, Judith e André (profe de música) interpretando a peza Alborada en directo. Ao comezo da xornada, na entrada do centro.
Na praza do Cristo do Porriño, celebramos o día de Rosalía nun festival no que colaborou o concello do Porriño a través da concellería de educación e cultura. Neste festival participaron todos os centros educativos de secundaria do Porriño. Cada centro levou a súa actividade. Os regueifeiro/a Lupe Blanco e Luís O Caruncho amenizaron o festival facendo que Rosalía fose o centro da súa actuación.
A actuación do grupo de teatro Os Quinquillán fixeron unha recreación teatral de varios poemas de Rosalía. Tamén se leu un manifesto por parte de cada centro. A “nosa Rosalía” reivindicou unha rúa no Porriño con nome de muller (non hai ningunha a día de hoxe) e que se podería comezar por unha rúa co nome de Rosalía de Castro. Rematouse o acto cun caldo de Gloria para todos/as os asistentes na que un restaurante do Porriño fixo a elaboración do caldo. O concello colaborou cos gastos e co equipo de dinamización do IES Pino Manso.
Texto e imaxes vía EDLG