viernes, 15 de mayo de 2009

Concurso Letras Galegas 2009

O Equipo de Normalización Lingüistica do instituto convoca un concurso doble, combinando literatura e plástica nun concurso de deseños de graffitis!
O lema desde ano é: "Dinamización do uso do galego no centro e na nosa contorna".

A) CONCURSO LITERARIO:

Bases:
- Poderán participar todos os alumnos do centro.
- Os participantes elaborarán un articulo ou ensaio de tema libre(relacionado co lema citado), escrito a doble espazo(máximo 3 páxinas).
- Os traballos levarán visible o curso do participante e, por detrás e agachado, o nome do alumno.



B)PLÁSTICA:
Bases:
- Poderán participar todos os alumnos do centro.
- Os participantes deberán presentar os seus deseños sobre unha cartolina ou lámina formato DIN A4, indicando no dorso o seu nome e grupo.
- Os materiais e técnicas son libres.
- Os deseños deben respetar o lema sinalado.
PREMIOS
Para o concurso literario haberá dous premios.
Para o concurso de Plástica, o alumno gañador terá dereito a plasmar o seu deseño sobre algún dos exteriores do centro(osd materiais proporcionarallos o equipo de normalización. Se o precisan terán axuda e asesoramento para realizalo). Ademáis haberá un premio.

DATA:

Os traballos deberán entregarse a un membro do Equipo ou profesor de Galego antes do día 22 de Maio.


XURADO:

Estará composto por dous membros do Equipo de Normalización(un do Departamento de Plástica e outro de Lingua Galega), un recoñecido "graffiteiro" da vila, o Departamento de Galego e varios alumnos do Equipo de Normalización.

No hay comentarios: