
Participaron profesores e alumnos; no caso dos profesores, ubicouse na sala esta estantería tan coqueta para depositar os exemplares. Para que non se perderan, había un cartaz que rezaba "Sherlock Holmes e o misterio do amigo invisibleeeeee..."
A actividade cos alumnos tivo lugar uns días despois, tras volvernos un pouco tolos para organizalo todo... porque se uns ían de excursión, outros tiñan unha charla: resultou imposible facelo todos xuntos. De todos as formas aquí tendes unha mostra gráfica da cara de felicidade dos porteadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario