jueves, 28 de mayo de 2009

De profundis


O libro do ilustrador galego Miguelanxo Prado que suxerimos hoxe, De profundis, non é exactamente un cómic senon un álbum ilustrado. Naceu como un proxecto para o cine no ano 2006; unha película de animación sen diálogos na que os cadros ao óleo do ilustrador e a música do compositor Nani García foran os protagonistas.
A película aínda non a vira, pero o libro pareceume francamente conmovedor; unha pequena xoia para mergullarse nas augas do Pai Océano, como dí Miguelanxo Prado. Editado en galego, en tapa dura pola editorial El Patito, conta unha historia de amor que pode obrar milagres máis alá da morte. Pura poesía visual

No hay comentarios: