Neste vídeo, parte do alumnado de 3º ESO A comenta algúns dos álbumes de ópera da editorial Kalandraka, colección Óperas, lidos na clase de Música. Uns atractivos libros que non só teñen bonitas ilustracións senon algunhas das pasaxes máis emotivas da Historia da Música. Aínda que no vídeo só aparecen referencias a Turandot, Aida e Orfeo e Euridice na biblioteca pódense atopar outros álbumes: Porgy and Bess, O elixir de amor, O barbeiro de Sevilla e A frauta máxica. Unha boa forma de dar a coñecer este xénero con obras de diferentes épocas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario