miércoles, 23 de marzo de 2022

Nova lectura do clube de 2º ciclo

Xa acabamos coas sesións sobre Antihéroes no noso clube de lectura de 3ºESO a 2ºBAC! Con este libro comprobamos como a literatura fantástica, ademais de facernos pasar un moi bo rato, pode movernos a reflexionar sobre un tema tan importante como o respeto ás diferencias. E houbo tamén espacio para algunha que outra proba/xogo.

Agora nos adentraremos nun novo libro, Golpes de luz, de Ledicia Costas, unha novela que trata con moitísimo humor e tenrura unha situación familiar complicada. Remitímosvos ao seguinte enlace para ver unha breve sinopse desta singular historia: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6487159

 Texto: David

No hay comentarios: