jueves, 11 de marzo de 2010

Os tempos das mulleres



Mañá venres 12 de marzo estaremos en Santiago nas VIII Xornadas da Muller presentando as actividades de coeducación que fixemos alá polo mes de novembro co alumnado de Secundaria na biblioteca, invitados pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Un ano máis, a AS-PG e a CIG-Ensino organizan as XORNADAS DA MULLER. Neste ano 2010 acadan a súa VIII edición e céntrase no tema OS TEMPOS DAS MULLERES. Ademais de tratar polo miudo o tema central, tamén se van presentar os proxectos, de tres centros de ensino, levaron a cabo en materia de igualde e falarase das desigualdades de trato entre homes e mulleres nos medios de comunicación e de como a muller sufre discriminación por ser muller e máis por ser muller galegofalante. Todo esto sen esquecernos da figura de Rosalía de Castro, cando se cumpre o 125 aniversario da súa morte, da que tamén se falará

No hay comentarios: