Por fín temos gañadores e gañadoras do concurso de relatos e banda deseñada policíacos" Eu non fun" .Despois dun duro proceso de selección(verdadeiramente quedamos sorprendidos- e un tanto atemorizados- pola vosa imaxinación e capacidade de intriga...) no que colaboraron as profesoras dos departamentos de Lingua e especialmente na fase final, Fina de Galego e Sonia de Castelán, podemosvos revelar os seus nomes:
- Carlota Pérez Castro de 1º ESO C, modalidade castelán.(Gañadora tamén no VII Concurso de Cartas de amor que alá por febreiro organiza o Departamento de Lingua Castelá)
- Cristian Fernández Soto de 2º ESO A,modalidade castelán.
- Arantza Lamas Paz de 4º ESO A, modalidade galego.
- Pedro Iglesias de 4º ESO B, modalidade galego.
- Javier Otero de 1º Bach B,modalidade castelán.
- José Manuel Sío Docampo de 1º Bach D, modalidade inglés.
- Andrés Penas Palmeiro de 2º Bach D,modalidade castelán.
Para os que quedaron namorados do xénero, nesta guía atopanse case todos os misterios e detectives da biblioteca. E en breve, os premios e os relatos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario