Non sei porque tiña eu a idea de que este libro de Rubén Ruibal ía ter outra temática, supoño que debido a que o título recordábame outro de Arturo Pérez Reverte.
A historia comeza presentando aos dous protagonistas, antagónicos a moreas: Fernando é un mozo que procede do mundo da marxinación, está planeando dar un golpe que lle solucione a vida e mantén unha relación precaria coas drogas. Pantaleón é un home de mediana idade, cun alto nivel de vida marcado pola súa vinculación aos negocios ilegais da construción. E cal será o feito que lles una?. Ambos están esperando un transplante de ril e a casualidade fai que se coñezan na sala de diálise do hospital onde á forza pasarán moitas horas. Aínda que o primeiro encontro non augura nada bo, pronto comezan a atopar un camiño en común e descubrir as verdades da vida ao ritmo do ruído da sangue.
Para aqueles que gustan das referencias literarias dentro dos libros, neste Fernando convértese en proovedor de libros de Pantaleón; un "pau" dado nun almacén forneceulle dunha ampla variedade de literatura dramática en galego que ofrecer ao seu compañeiro de penurias. El non le pero sábese de pé a pá os diálogos da película O planeta dos simios que continuamente lles pasan no hospital. Tamén se fai unha homenaxe á novela de Mark Twain El principe y el mendigo cando para tratar de fuxir dun asunto no que se viron implicados por casualidade, intercambian as súas casas.
Para rematar, recomendar este libro no só pola súa calidade literaria(galardoado co Premio Nacional de Literatura Dramática e o Álvarez Cunqueiro para textos teatrais) senón tambén por ser un tributo de Rubén Ruibal ao seu compañeiro Roberto Vidal Bolaño, autor de teatro homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
Para rematar, recomendar este libro no só pola súa calidade literaria(galardoado co Premio Nacional de Literatura Dramática e o Álvarez Cunqueiro para textos teatrais) senón tambén por ser un tributo de Rubén Ruibal ao seu compañeiro Roberto Vidal Bolaño, autor de teatro homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
Outras reseñas sobre o libro atoparalas en :
- LG3, O soportal da Literatura Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario