Aínda que cun pouco de retraso non queremos deixar de mostrar algúns dos textos poéticos que se fixeron para o Día da Poesía no instituto, nunha actividade coordinada entre o ENDL e a biblioteca escolar. Nas bases poñía que eran textos en 140 caracteres pero xa sabedes que a poesía é libre e os rapaces, tamén.
4º ESO C: Samuel Graña. Poesía visual "A naturalesa"
As follas dos carballos
son coma frechas douradas
que apuntan con perigo
sobre o chan mollado.
3ºESO B: Elena Fernández "Verbas"
Teño unhas verbas gravadas no peito
ninguén mas pode quitar;
teño unhas verbas gravadas na alma
ninguén as poderá levar.
Teño unhas verbas gravadas no peito
ninguén mas pode quitar;
teño unhas verbas de lúa crecente,
teño unhas verbas de claro luar.
Teño unhas verbas gravadas no peito
ninguén mas pode quitar;
teño unha barquiña mariñeira
que mais xa non vai navegar.
Teño lembranzas gravadas nos ollos,
teño tres bágoas perdidas no mar;
Teño unhas verbas gravadas no peito,
ninguén mas pode quitar.
1º ESO C: Noemí Rodríguez González
Buscando palabras
buscando ideas
na miña cabeza
un poema se desvela.
Por cada poema de amor que fago
a miña inspiración son os
meus paris que por min
eles a vida dan.
E por cada poema de amistade
os meus amigos fanse mais
grandes que calquera outro lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario